Tal e como acaba de confirmar o Concello do Rosal, a XXX edición da Feira do Viño do Rosal, declarada de Interese Turístico, celebrarase os días 7, 8 e 9 de outubro na reformada Praza do Calvario “fomentando así o dinamismo comercial da contorna tras os meses de obras“.
“Con esta nova data faremos coincidir a nosa Feira do Viño, un dos eventos máis importantes para rosaleiros e rosaleiras, co remate dunha obra histórica para o municipio, como é a transformación do núcleo da Praza do Calvario. Queremos unha praza chea de veciñanza e visitantes que nos permita dar ese pulo comercial tan importante para os comercios da contorna despois do esforzo colectivo que están a facer mentres se están a executar as obras”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Máis información na web municipal.