A Asociación de Comerciantes do Rosal organiza, a partir do venres 8 de novembro, a “Ruta do Pincho” durante catro fins de semana. Tal e como se lembra dende ACOR, os pinchos son gratis tomando unha consumición. 

Ademais, quen complete o roteiro, será agasallado cunha botella de viño do Rosal. O evento conta coa colaboración do Concello así como de Tapería O Rolete, As Brasas, Paradela, Restaurante Juan, A Liga, Skape 30, Bar Floro, Bar D’Bute e A Nosa Terra.

(NOTA: a imaxe principal é do arquivo de Noticias O Rosal. Non se corresponde cos pinchos que serán ofrecidos).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.