Ceci Sárdoma O Rosal
A crack rosaleira, a pé de campo, vestindo as cores do seu novo equipo. (Fotos: Ceci/Sárdoma)

A extremo rosaleira, Cecilia Fernández Rodríguez, “Ceci”, despois de militar dende categorías inferiores en El Olivo e aínda conseguir o título coa primeira plantilla nas dúas últimas Ligas, vén de fichar esta tempada 2016/17 por outro equipo da Segunda División Nacional Feminina, o Sárdoma C.F.

Clasificación Sárdoma

Comezo “de película” para a futbolista do Rosal e as súas novas compañeiras, xa que tras o primeiro partido ligueiro, o conxunto adestrado por Marcos Canle Iglesias, sitúase no máis alto da clasificación. Nada máis e nada menos que 7 goles lle endosaron as xogadoras viguesas, este domingo 4 de setembro, ás coruñesas da SD Tordoia.

Sárdoma Ceci

Pero iso si, encontro especial e de “altos voos” será o que lles espera a Ceci & Cía este domingo 11 de setembro, na visita do Sárdoma a El Olivo. Non en van, será o regreso “a casa” de moitas ex-xogadoras olívicas, incluída polo tanto, a nosa crack.

Equipo Sárdoma

¡Dende Noticias O Rosal noraboa e moita sorte Ceci nesta nova andaina deportiva!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.