A tradicional romaría na honra de San Vicente (Marzán-O Rosal) terá lugar o domingo 26 de xaneiro.

Tal e como reza o cartel anunciador, “dende primeiras horas da mañá, música ambiental a cargo de Electrosil de Tomiño”. 

A partir das 10:00 horas, actuación do grupo de gaitas “Do Lusco ó Fusco” de A Guarda.

Durante a Romaría “serviranse deliciosos callos caseiros“.

Ás 11:30 horas, misa solemne con sermón e procesión, acompañada pola Coral da Agrupación Musical de O Rosal

Rematada a misa, “tradicional subasta de produtos típicos de O Rosal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.