Dom. May 22nd, 2022

 

Este venres 17 de decembro sortearase por fin a “Macrocesta de Nadal 2021” de O Rosal (Pontevedra), valorada en máis de 25.000 € e que organiza a cafetería Skape 30 coa colaboración do club Moteiros do Baixo Miño e Celtamotor BMW Motorrad de Vigo.

Trátase da terceira edición da rifa dun espectacular lote de artigos de primeira calidade, sempre con produtos adquiridos no propio comercio local baixomiñoto coa guinda engadida este ano dunha fantástica motocicleta BMW 1000 cc, RR versión 2022.

O gañador se corresponderá co boleto que conteña as cinco cifras do primeiro premio do sorteo do Cuponazo da Once do día 17 de decembro de 2021.

Dani Rodríguez e Celia Carrera, xerentes do local rosaleiro e promotores desta singular iniciativa regulada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, afirman que esta cesta “podemos dicir que aínda que comezamos en 2016 xa é un clásico de Nadal na zona sur de Galicia. Aos nosos clientes e a xente en xeral encantoulles a idea e animáronnos este ano a dar un salto cuantitativo e pasar dos 4.000 aos 25.000 euros en premios”.

“Menos a BMW que vén de Vigo, todos os produtos que forman a Macrocesta comprámolos nos locais dos nosos veciños de O Rosal e A Guarda. Gústanos fomentar o pequeno comercio de cercanía e estamos moi satisfeitos con tan boa acollida. Desexamos moita sorte a todos os participantes”, recalcan desde Skape 30.

A Macrocesta contén, entre outros artigos, unha TV de 55’’, unha secadora, unha Play Station 4 Pro, un ordenador portátil I3, un xamón, unha cesta de produtos típicos da zona, 300 € en rascas da ONCE, 10 décimos de Lotería Nacional de Nadal, 10 décimos de Lotería de Nadal da ONCE e un cambio de rodas de ata 300 € en MGV Automoción”.

Rodríguez e Carrera queren agradecer a todas aquelas persoas, entidades e aínda medios de comunicación “que teñen colaborado dunha ou doutra maneira coa promoción e visibilidade desta Macrocesta”. Recoñecemento, en especial, dende a súa sede do Club de Fans Skape 30, para o piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido, campión do Mundo de TR2, flamante fichaxe do Repsol Honda Team de Trial, que será o novo compañeiro do mellor da historia, Toni Bou.

Lembrar que a rifa, que ten un custo de 5€, pódese adquirir presencialmente en Skape 30 (rúa Pascuala, nº 1, O Rosal) só ata este xoves 16 de decembro ás 0:00 horas ou ben por bizum ou whatsapp ao número 697 492 328 (envíase a participación por foto e queda en rexistro).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies