📸 C.D. Baixo Miño

Fantásticas noticias nos chegan dende a Copa de España A de Tenerife, que se celebrou esta fin de semana en Granadilla de Abona.

Alí a rosaleira Verónica Pérez Pacheco vén de conseguir na categoría cadete (-52 kg) unha nova medalla de ouro que, xunto aos bos resultados obtidos anteriormente, a sitúan como número 1 do Ranking Nacional

A nosa veciña, membro do C.D. Baixo Miño, impúxese -entre outras- á aragonesa Alba Ramírez (2ª) e á asturiana Elisa Fernández (3ª).

¡Dende Noticias O Rosal a nosa máis sincera noraboa tanto a Vero como á súa adestradora Mónica Pacheco!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.