Vie. Dic 3rd, 2021
✍️📸 Concello do Rosal.
“A Explanada do Horizonte xa desfruta do seu quiosco permanente, que vén de abrir as portas ao público neste tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Portecelo co obxectivo de ofrecer novos servizos á veciñanza da contorna, ás persoas que peregrinan por este tramo ou para as e os excursionistas que se acheguen ata este espazo.

 

Este quiosco-bar está integrado no proxecto de reforma e mellora paisaxística da propia Explanada do Horizonte, redactado pola arquitecta María Fandiño, que permitiu dotar a Portecelo dunha nova área de esparexemento. “O obxectivo é tratar de rachar coa estacionalidade, convertendo este espazo en punto de lecer e encontro durante todo o ano”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A cafetería é o único punto de venda de bebidas ou comidas no tramo do Camiño de Santiago pola Costa ao longo do municipio do Rosal, xa que os puntos máis próximos atópanse a 3,6 e 6,1 quilómetros, nos concellos da Guarda e Oia, respectivamente.
O módulo, de 45 metros cadrados, conta cunha zona de aseos e dúas pérgolas, unha delas con terraza. A concesión do quiosco é por catro anos prorrogables outros catro máis”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies