Agrupación Musical do Rosal

A Agrupación Musical do Rosal celebra o Concerto de Outono que terá lugar o vindeiro domingo 17 de novembro, ás 18:00 horas no Auditorio do Rosal, con motivo do 15º Aniversario da súa Coral.

📸 José Pérez Enríquez

O acto estará presentado polo cantante e ex-compoñente da Coral, José Pérez Enríquez e participarán:

Grupo Do Lusco o Fusco (A Guarda), que desenrola unha gran labor no ámbito do folclore galego, e organiza anualmente o Encontro dos pobos, onde se dan cita grupos de todo o mundo.

Agrupación Coral de Lores (Meaño) unha das corais que máis destacan na actualidade na nosa provincia e que vén de acadar este ano o 2º posto no Certame de Corais de Arbo.

Coral da Agrupación Musical do Rosal, a coral anfitrioa, que baixo a dirección de Toñi Santos, directora dende os comezos da coral, ofrecerán ao público unha escolma das mellores pezas do repertorio de todos estes anos.

A entrada será de balde ata completar aforo e abriranse as portas ao público ás 17:15 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.