Concerto Agrupación Musical do Rosal. Banda do Rosal

Informa: Agrupación Musical do Rosal

A Agrupación Musical do Rosal, que preside Iván Diego Martínez, ofrece este domingo 20 de marzo, no Auditorio (18:30 horas), o seu tradicional concerto do Día do Pai. 

Nesta cita xa tradicional na súa axenda de concertos de cada ano, a agrupación rosaleira que dirixe José Javier Bascoy (á esquerda da imaxe, co presidente) ofrécenos un programa que leva o título “Entre o divino e o pagán” que a través da música de grandes autores, fará un percorrido por sonoridades que van dende a música puramente contemplativa, como en Lux Aurunque de Whitacre, ata sonoridades propias de Stravinsky, como nas Danzas Paganas de Barnes, sen perder de vista a música española coas Danzas Fantásticas de Turina.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.