Mar. Dic 7th, 2021
✍️📷 Concello do Rosal
ÚLTIMA HORA. ADIADO. A Agrupación Musical de Vincios porá o ritmo á noite rosaleira deste sábado 25 de setembro. O grupo ofrece un concerto ás 21.00 horas na Praza do Calvario onde compartirá coa veciñanza todo o seu gran repertorio musical. A entrada é de balde ata completar o aforo e o concelleiro de Cultura, Carlos Villanueva, anima aos veciños e veciñas a asistir para “desfrutar da música na rúa en pleno centro do Rosal”.
A Agrupación Musical de Vincios naceu no no ano 1979, cando Julio Costas Davila e Guillermo Costas Valverde, crean a primeira escola de música da parroquia de Vincios. Ese proxecto faise realidade no ano 1982 coa fundación da Asociación Agrupación Musical de Vincios, na que está integrada a banda de música e da que foi o seu primeiro presidente Néstor González Vilaboa.

Na actualidade a Agrupación está composta por máis de 150 persoas, que se reparten nas tres bandas de música (dúas delas formadas por alumnos da escola) e un coro.
Esta actuación forma parte do programa O país das bandas, promovido pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares, co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística no país. Ao seu abeiro estanse a celebrar preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións que rematarán a finais deste mes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies