novas-xiria-web

Segundo comunica o Acanor Atlético Novás “este sábado o liderato pode quedar en O Rosal. Recibimos ao Balonmán Xiria (19:00 h), líder e máximo favorito á Liga e facedes máis falta que nunca”.

clasificacion-novas2

O club de balonmán da vila fai este novo chamamento a súa incondicional afección para encher o pavillón municipal do Rosal nun auténtico partidazo que, en caso de vitoria do Novás, o auparía ao primeiro posto da Primeira Nacional.

Destacar a “quedada” no Bar A Competencia, a partir das 16:30 horas, para “preparar” este importante encontro fronte ao equipo máis goleador e o menos goleado deste grupo A formado por 16 conxuntos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.