8º Aniversario Noticias O Rosal - copia

Hoxe, luns, ¡estamos de 8º Aniversario! Alá, lonxano no tempo, queda aquel 16 de maio de 2008, data en que botou a andar esta web cultural e deportiva, que bautizamos como “Noticias O Rosal”. (Esta foi a primeira, a entrada inaugural).

Seguimos -como podedes comprobar- sendo fieis á nosa historia e ao propósito de “reflectir as novas máis interesantes que sucedan durante o ano” e, como non, “aportar o noso gran de area á cultura e á información, tanto para os propios rosaleiros (rosaleses) como para quen desexe saber polo miúdo que é o que ocorre nestas fértiles terras, neste Xardín do Baixo Miño”.

Aniversario Noticias O Rosal 2016 web

Dende aquí darvos as máis sinceras grazas a todos/as, lectores/as e colaboradores/as pola vosa fidelidade durante estes anos. Aínda que a web estea en galego é de agradecer ás máis de 1000 persoas de media que nos visitades a diario, xa non só dende Galicia ou España, senón dende Suíza, México, Estados Unidos, Reino Unido, Portugal, Bélxica, Francia, Brasil, Arxentina, Venezuela, etc, etc, a todos, de verdade, grazas.

Non podemos esquecer, por suposto, a quen nos facilita a cotío a información e fotografías, xa sexan institucións, clubs, deportistas ou lectores/as particulares. Ao escritor Xoán Martínez Tamuxe e ao finado mestre e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, sen dúbida dúas das persoas máis importantes en canto á inspiración e impulso para a creación desta web cultural. A Isma & Cía, graciñas de corazón.

Aniversario Noticias O Rosal 2016 mosaico web

¡A todas aquelas persoas, que estiveron e están colaborando para o recoñecemento dos nosos veciños/as máis destacados e aos que queren “dar a coñecer un pouquiño máis o noso pobo de O Rosal, os seus costumes, as súas xentes”, GRACIÑAS!

Redacción Noticias O Rosal

 

5 comentarios en «Noticias O Rosal cumpre 8 anos en Internet»

  1. Parabéns e a seguir loitando para, como mínimo, aguantar o tipo. Aínda que non a digamos moitas veces, si que agradecemos a tua laboura
    Parabéns e a seguir loitando para que, como mínimo, aguantar o tipo. Aínda que non o digamos moitas veces, sí que agradecemos a túa labor Juan Ramón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.