Traémosvos en Noticias O Rosal un pequeno artigo da autoría de Xoán Martínez Tamuxe, o único integrante do mítico Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño que aínda vive hoxe en día. De feito, o obxectivo desta entrada é lembrar a data da creación hai 50 anos do Equipo e aproveitar para homenaxear aos outros dous compoñentes, Jesús Gómez Sobrino e Aquilino González Santiso, xa finados.

Jesús Gómez Sobrino, Aquilino González Santiso e Xoán Martínez Tamuxe

“Non quero que remate o ano en curso 2018, sen recordar a data da creación do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño e con ela a ditos amigos (Q.E.P.D.)

Tal e como se recolle na Gran Enciclopedia Gallega e na correspondente entrada, tivo lugar a creación do Equipo Arqueolóxico no ano 1968, polo que fai agora 50 anos.

Aproveito así para lembrar e agradecer aos diferentes amigos que dende o comezo nos asesoraron e apoiaron. Entre outros, anotamos a Alfredo García Alén, Isidoro Millán, Hipólito de Sá, Manuel Fernández Rodríguez, estes finados xa.

Alfredo García Alén, Tamuxe e Isidoro Millán en Marzán (1972)

Agradecer tamén a súa colaboración a outros xoves arqueólogos, que a Deus grazas, aínda viven e que sexa por moitos anos.

A fin de recordar aos creadores do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño, que xa eran colaboradores do Museo de Pontevedra e membros tamén do Instituto “Padre Sarmiento” (sección de arqueoloxía), damos a coñecer neste medio a correspondente reseña, que se recolle na Gran Enciclopedia Gallega (1974), da que igualmente fomos colaboradores.

Sobrino e Santiso no poboado de Santa Leocadia (Guillade-Ponteareas, 1973). Foto: Tamuxe

EQUIPO ARQUEOLÓXICO DO BAIXO MIÑO. Fueron sus creadores, en 1968, Xesús Gómez Sobrino, actualmente (1978) canónigo de la catedral de Tui, y Xoán Martínez do Tamuxe, sacerdote secularizado y secretario de la Cámara Agraria de O Rosal (Pontevedra). En 1971 pasó también a formar parte del Equipo, Aquilino González Santiso, delineante y técnico administrativo del Ayuntamiento de Tui.

Hipólito de Sá e Tamuxe no poboado romano-visigótico de Marzán, 1970. (Foto: Sobrino)

Entre las actividades del grupo hay que destacar el descubrimiento de los poblados romanos de Marzán-O Rosal (donde se halló el ara dedicada a Mercurio) y Viladesuso (con un ara celto-romana), los visigóticos de San Colmado (Baiona) y Guillade (Ponteareas), etcétera, así como la exploración de yacimientos arqueológicos en la comarca miñota, de época paleolítica, con el depósito de hachas de bronce de Mougás, numerosos e interesantes petroglifos y objetos de arte como el Cristo románico aparecido en el lugar citado.

Aquilino G. Santiso sobre o petróglifo do Tetón (Tebra-Tomiño, 1974). Foto: Tamuxe

Cabe citar, además, sus trabajos en la importante Vila romana de Currás (Tomiño) y el hallazgo del casco celta de Caldelas de Tui.

El Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño fue promotor del homenaje tributado al historiador guardés Domínguez Fontela, a quien se dedicó una calle en su villa natal, y cofundador del Museo y Archivo Histórico Diocesano de Tui (1974). Aparte de sus colaboraciones en la prensa gallega cara a la difusión de la historia, arqueología, arte, folklore, etc., de la zona de O Baixo Miño, este grupo viene tomando parte muy activa en diversas publicaciones de centros culturales de la provincia“.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.