✍️📸 Agrupación Musical do Rosal.

Este domingo, ás 18:00 h, a banda da Agrupación Musical do Rosal celebrará un concerto conmemorativo do seu 35 aniversario. O acto terá lugar na Praza do Calvario.

Ó longo da súa historia, a banda rosaleira, ten acadado moitos e importantes recoñecementos a nivel galego e estatal, converténdose nunha das máis galardoadas da nosa comunidade. Ó mesmo tempo, a súa escola, ten sido un viveiro de grandes músicos que ocupan, actualmente, postos de relevancia en diferentes ámbitos culturais.

Dende que se fundou no ano 1986, baixo a batuta de Nani Matos, diferentes directores teñen sido os responsables de guiar a este grupo: José Luis Represas, José Vicente Simeó, Diego Javier Llorente, Marcel van Bree, Carlos Ramón Pérez ou José Javier Bascoy. Na actualidade está dirixida por Javier Alonso.

O programa que interpretarán este domingo estará dividido en dúas partes: a primeira proporá a todos os asistentes unha apaixonante viaxe a través das diferentes expedicións que cruzaron o Océano Atlántico baixo o punto de vista de compositores xaponeses. Na segunda, a música máis próxima tomará protagonismo, escenificando a volta ás raíces populares da nosa cultura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.