Banda da Agrupación Musical do Rosal web
Foto: Eliseo Brey (Arquivo Noticias O Rosal 1986-88)

A Agrupación Musical do Rosal, que preside Iván Diego Martínez, cumpriu onte, mércores 4 de maio, 30 anos da súa presentación oficial en sociedade. Segundo podemos ler nas redes sociais “toca seguir loitando entre todos; directivos, socios, músicos, director, colaboradores… Para que isto non pare nunca!”

Concertobanda (2)
Foto: Noticias O Rosal (2009)

Así mesmo a súa páxina web lembra que “A banda de música da Agrupación Musical do Rosal presentouse ó público o 4 de maio de 1986, sendo o seu director D. Laureano Matos Barcia. Dende entón levan pasado pola agrupación varios directores D. José Luis Represas Carrera (1988-1990), D. José Vicente Simeó Máñez (1990-2006), D. Diego Javier Lorente López (2006-2012), D. Marcel van Bree (2012-2014), D. Carlos Ramón Pérez (2014-2015), e dende setembro de 2015 está o cargo da dirección D. José Javier Bascoy Iglesias”.

Banda do Rosal cartel
Foto: Noticias O Rosal (2011)

¡Dende Noticias O Rosal os nosos parabéns por este 30º Aniversario e noraboa a todos/as que o fixeron posible!

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.