Salvador Martínez Mirabel do Rosal Froitas do Rosal

O mirabel do Rosal vén de ser protagonista dunha recente reportaxe no programa O Agro da TVG. Salvador Martínez (Froitas do Rosal) foi o encargado de explicar as características deste exclusivo froito, “de alta calidade”, que chega ás tendas un mes máis tarde do habitual.

Mirabel3
O mirabel do Rosal, no parque da Vuelta a España en Baiona. (Fotos: M.R.)

Dende o venres 19 de agosto e “só durante 20 días” estará á venda en Eroski Galicia, Carrefour de Galicia, Castilla León e Madrid, así como en El Corte Inglés de Vigo. Tal e como lembran, “o mirabel é moi rico en fibra, vitamina A, vitamina C e minerais (potásico, calcio, magnesio e fósforo)”. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.