novas-xiria-fotos-oscar-rodriguez-figura-noticias-o-rosal-54

O pasado sábado 12 de novembro O Rosal acolleu o “Partidazo da xornada”, pois o anfitrión Acanor Atlético Novás enfrontábase ao líder do grupo A da Primeira Nacional, o Calvo Xiria.

Ambos equipos chegaban invictos a este encontro e a afección local respondeu á chamada do club, ateigando de vermello as bancandas do pavillón municipal da vila, con preto de 700 seguidores (entre eles uns 60 carballeses).

novas-xiria-fotos-oscar-rodriguez-figura-noticias-o-rosal-145

O mensaxe nas redes sociais do Novás, tras o pitido final era esclarecedor: “Non defradou un encontro no que os puntos voaron para Carballo, que estivo máis atinado na definición. Sen palabras para ambas afeccións, de 10. Seguimos segundos, parabéns ao Calvo, aínda que hoxe o que gañou foi o balonmán. Hoxe máis que nunca, #ForzaNovás“.

novas-xiria-fotos-oscar-rodriguez-figura-noticias-o-rosal-35

O axustado resultado final (20-22) para os de Carballo dá idea do competido que estivo o partido. Os homes de José Ramón Muñoz “Jota”, comandados de novo por Nico López Rey, autor de 6 goles, o intentaron de todas as maneiras, pero o gardarredes visitante, Iago Gómez, dos máis destacados, desbarataba unha e outra vez as ofensivas rosaleiras. 

clasificacion-novas-novembro-2016

No descanso, o Acanor Atlético Novás tributou unha pequena homenaxe ao presidente da Federación Galega de Balonmán, Xosé Luis Pérez Ouro e a Xosé Ramón Lete Lasa, ata hai pouco Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e nomeado hoxe mesmo, “Secretario de Estado para el Deporte”.

Andrés Senra, presidente do Novás e Moncho Vicente, vicepresidente do club e xerente de Acanor foron os encargados de facerlles entrega dunhas pracas de recoñecemento “polo seu traballo e dedicación con este deporte”.

novas-xiria-fotos-oscar-rodriguez-figura-noticias-o-rosal-82

Velaquí vos deixamos as incidencias do encontro, que podedes ler tamén, con crónica incluída, na web do Xiria.

“Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal do Rosal ante preto de 700 seareiros, entre eles máis de 60 carballeses. Colexiados: Alejandro Núñez Camacho e Jorge Rodríguez Pacheco do colexio andaluz. Castigaron con exclusión polo Acanor At. Novás a Carlos Rodríguez (25´), Iago Flores (42´), Germán Hermida (46´), Rubén Figueirdo (54´), namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Manuel Méndez (33´), Brais Puñal (40´), Sergio Facal (46´), Carlos Vilanova (57´). 7 metros Acanor At. Novás 0//1 Calvo Xiria 2//3. Marcador cada 5 minutos: 2-1, 3-3, 5-3, 7-6, 9-8, 9-10, descanso, 10-12, 12-15, 13-17, 15-20, 18-20, 20-22.

novas-xiria-fotos-ismael-pacheco-noticias-o-rosal-42

ACANOR AT. NOVÁS 20 (9+11): Kevin García [p], David Álvarez [p], Iago Flores (1), Rubén Figueirido (3), Germán Hermida (2), César Armán (1), Daniel Vicente (1), Ismael Rodríguez (1), Carlos Rodríguez, Roberto Sío (1), Ramón Suárez-Pumariega (1), Miguel Trigo (2), Manuel Martínez (1), Nicolás López (6).

CALVO XIRIA 22 (10+12): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete (2), Brais Puñal, Manuel Méndez (1), Sergio Facal, Uxío Batán, Martín Alfeirán (2), Julián López, Carlos Vilanova (3), Jorge Bouzas (2), Pablo Iglesias (10), Javier Rodríguez, Miguel Suárez-Pumariega, Gonzalo Pombo, Hugo Rodríguez (2)”. 

O vindeiro partido para o Acanor Atlético Novás será este sábado 19 de novembro fronte ao BM Lavadores (18:30 horas, Vigo). 

Esta é a reportaxe dos fotógrafos de Noticias O Rosal, Ismael Pacheco e Óscar Rodríguez “Figura”

« de 8 »

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.