“Zidanes e Pavones” do Acanor Atlético Novás

Como se daquela lembrada expresión pronunciada por Florentino Pérez se tratara, o Acanor Atlético Novás desta 2016/17 aseméllasenos -permítase o símil- á filosofía dos “Zidanes e Pavones” (firmar unha das principais superestrelas por ano e promover xoves desde a canteira) que tan bos resultados lle deu daquela ao equipo madridista.

fotos-oscar-rodriguez-figura-noticias-o-rosal-83
Nico López Rey e Iago Flores, exultantes tras o partido. (Foto: Óscar Rodríguez/Noticias O Rosal)

Na imaxe, un claro exemplo -salvando por suposto, todas as distancias (fútbol/balonmán)- con Nico López Rey e Iago Flores, dous dos protagonistas deste renovado e potente conxunto rosaleiro.

Partidazo, pois, cos “Nicos e Iagos”, o que se puido ver o pasado sábado 1 de outubro no pavillón municipal do Rosal. O Acanor Atlético Novás que preside Andrés Senra, recibía a visita dun dos “cocos” da Primeira Nacional, o Embutidos Lalín.

Nico, saíndo á pista, recibido polo capitán Manu Martínez e os seus compañeiros

As previsións finalmente cumpríronse, pois a vitoria rosaleira decantouse por unha curta marxe (27-25) tras un igualado partido. O Acanor Novás, mandou sempre no marcador, agás ao final da primeira parte (12-13) para os lalinenses. Xa ao comezo da segunda remontaron en varias ocasións, con parciais de ventaxa de 2-3 goles.

En primeiro término, o adestrador do Novás, ‘Jota’ Muñoz

O equipo de José Ramón Muñoz “Jota” encomendouse ás novas fichaxes Nico López Rey (autor de 8 goles) e Rubén Figueirido (4 goles), así como ao pivote rosaleiro Iago Flores (4 goles), máximos anotadores do Acanor Novás tras dúas xornadas disputadas.

fotos-oscar-rodriguez-figura-noticias-o-rosal-7
Miguel Sío, máximo anotador a pasada campaña, en pleno voo

Bo partido en xeral de todo o equipo ante un rival serio e de entidade. Polo Novás xogaron Kevin García, Iago Flores (4), Miguel Sío (2), Miguel Trigo (2), Manu Martínez (2), Yago Alonso (3) e Nico López Rey (8) -equipo inicial-, David Álvarez, Rubén Figueirido (4), César Armán (1), Dani Pintus, Isma Rodríguez (1), Ramón Pumariega e Charlie Rodríguez.

clasificacion-acanor-novas-outubro-2016

Tras gañar este importante encontro o Acanor Atlético Novás sitúase na 3ª posición da táboa, empatado a puntos co líder, Balonmán Xiria, que tamén conta por vitorias os seus partidos.

Velaquí vos deixamos a reportaxe dos fotógrafos de Noticias O Rosal, Ismael Pacheco e Óscar Rodríguez “Figura”

« 1 de 6 »

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies