
O sábado 11 de novembro celébrase en Martín (O Rosal), a partir das 21:00 horas, unha Cea-Baile en favor das Festas de San Xoán do vindeiro ano 2018, con este tentador menú: empanada variada, pulpo á feira, carne ó caldeiro, patatas e chourizos, pan, postres, bebidas, café e chupitos. O prezo será de 23 € (aforo limitado).
De seguido, baile no Bar San Martiño, con entrada libre para todos, coa actuación do “Trío Arte”.
