Segundo nos comunican dende o Departamento de Cultura do Concello do Rosal, a nosa vila acollerá “a presentación do libro de humor gráfico MANUAL DE ESCOLA, de Xosé Tomás, ilustrador, guionista, humorista gráfico e profesor do CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), con prólogos de Francesco Tonucci e Xaquín Marín”. O acto terá lugar no Auditorio do Rosal o vindeiro martes 8 de novembro ás 19:30 horas.
“Teño que recoñecer con moita preocupación que a escola se asemella demasiado á que eu frecuentei setenta anos atrás”. Quen así fala é o célebre pedagogo Francesco Tonucci, no prólogo desta obra, facendo unha chamada urxente á necesidade de revisar o noso sistema educativo, unha escola superada pola pedagoxía, pola psicoloxía, pola neurociencia.
