Xoán M. Tamuxe, homenaxeado en Ponteareas

O escritor e historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe deu lectura o pasado sábado 10 de xuño ao pregón das internacionais Festas do Corpus Christi de Ponteareas, tomando o relevo do xornalista de Televisión Española, Roi Groba, pregoeiro en 2016.

O evento estivo presentado pola xornalista Amparo Rodríguez Ojea e segundo se pode ler na web do concello ponteareán “no auditorio municipal Reveriano Soutullo, Tamuxe comezou a lectura do seu pregón destacando a importancia dos contidos que un pregoeiro selecciona e recoñecendo o papel destacado da revista Pregón.

Tamén tivo palabras de recoñecemento para as tres persoas que crearon a revista Pregón: Luis Salgueiro Rodríguez, José Casas Nova Camba e Gabino Porto Bernández e non esqueceu a Feliciano Trigo.

Como naceron as parroquias e as lendas que rodean a orixe de cada unha delas, os grabados atopados e os distintos achádegos arqueolóxicos tamén tiveron un momento na lectura do seu pregón.

A lenda da serpe, o Castro de Troña, o nacemento da cristiandade, os descubrimentos de Guillade, Florentino Cuevillas ou Bouza Brey pasaron polo discurso de Tamuxe nun auditorio ateigado de público.

Tamuxe tivo ademais palabras de agredecemento para o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, polas súas xestións na procura da declaración BIC para as alfombras do Corpus de Ponteareas.

O arquéologo nado no Rosal, quixo rematar o seu pregón cun chamamento á paz no mundo, na vila e en cada recuncho do planeta”.

Tras a súa intervención, Xoán Martínez Tamuxe foi homenaxeado polo concello de Ponteareas, recibindo de mans do alcalde un diploma de recoñecemento por ser o pregoeiro deste 2017, así como unha reprodución en granito da serpe do Castro de Troña, obxecto de estudo do historiador do Rosal.

Unha vez finalizado este acto, tivo lugar un espectacular concerto ofrecido pola Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba Otero.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies