Hoxe, domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, e despois de cumprir onte o noso 12º Aniversario, é un pracer comunicarvos que a partir desta data e cara á vindeira tempada volveremos dende Noticias O Rosal a realizar, como sempre, reseñas e crónicas propias dos deportes de club de O Rosal (ciclismo, fútbol, balonmán, etc), que, en verdade, nos últimos tempos, os tiñamos un pouco “abandonados”.

Por suposto, como é obvio, dentro das posibilidades que nos marquen os nosos compromisos laborais e grazas ao ofrecemento de varios colaboradores deportivos que cubrirán así algúns dos eventos ou mesmo enviarán información de aquí en diante.

Comezamos, pois, para “reinaugurar” as noticias sobre o Club Ciclista O Rosal, a U.D. Ribera e o Atlético Novás, coa boa nova da volta a O Rosal de dous veciños, Iago Flores e Dani Pintus. Os deportistas rosaleiros, uns dos artífices do lembrado ascenso á División de Honra Prata en 2018 regresan ao Novás para a vindeira campaña 2020/21. ¡Ánimo e moita sorte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.