Mar. Nov 29th, 2022
Desfile de Entroido (O Rosal, 2019. 📸 J.R.)

Segundo comunica o Concello, a vila de O Rosal prepárase para volver vivir o Entroido. Tras o parón pola crise sanitaria, o Concello convoca un ano máis o concurso de carrozas, comparsas, grupos, disfraces individuais e entroido tradicional “que encherá de cor o desfile que se celebrará o domingo 27 de febreiro ás 11.00 horas na vila. O desfile percorrerá a rúa Xulio Sesto, dende a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco, ata o cruce coa Lomba”.

As persoas e asociacións interesadas en participar poderán inscribirse a través do Rexistro do Concello ata o mércores 16 de febreiro ás 14.00 horas.

“O concurso contará por primeira vez cunha categoría específica de entroido tradicional. Ademais haberá premios para as carrozas, cun grupo mínimo de 6 persoas representando algún tema enriba dun elemento móbil; as comparsas, que deberán contar cun mínimo de 10 persoas; os grupos, de entre 3 e 9 persoas; e o individual, que inclúe a parella para aqueles disfraces que requiran de participación conxunta, a modalidade infantil e a xuvenil-adulto. En total repartiranse máis de 3.350 euros en premios entre os primeiros, segundos e terceiros postos de cada categoría”.

Dende o ente municipal lémbrase que “o desfile realizarase con todas as medidas de prevención e sempre que a normativa sanitaria o permita. En caso de non poder celebrarse no seu formato habitual, o Concello estudará a posibilidade de adaptar o evento ás medidas e protocolos vixentes no momento”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies