Mar. Dic 7th, 2021

 

Este 2021 volve a celebrarse en O Rosal a tradicional Romaría de San Martiño, iso si, cumprindo o protocolo da covid-19 (os participantes deberán manter a distancia de seguridade interpersoal e levar máscara).

Tal e como reza o cartel que nos vén de facilitar a organización, o xoves 11 de novembro, día propio do Santo, haberá misa ás 18:30 horas na igrexa parroquial de Santa Mariña.

O domingo 14 de novembro, ás 10:30 horas, terá lugar a saída de San Martiño en procesión ata a súa ermida no monte, onde ás 12:00 horas oficiarase a misa solemne con sermón.

Como é habitual, a romaría estará amenizada por un xa clásico, o grupo de gaitas Albariños de O Rosal.

NOTA: Se o tempo non acompañara os actos trasladaríanse ao domingo 21 de novembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies