Mié. Dic 7th, 2022

 

Velaquí vos deixamos esta pequena nota de prensa recibida do concello veciño de A Guarda esperando sexa do voso interese.

“O Padroado Municipal de Santa Trega ofrece unha temporada máis as visitas guiadas ao Monte Santa Trega para que os visitantes e veciños poidan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte.

Neste ano 2022 recupérase a ampla oferta de visitas guiadas comezando xa no mes de xuño e rematando no mes setembro. Os meses de xuño e setembro adoitar ser datas preferentes para visitas guiadas concertadas para grupos e escolares polo que as visitas guiadas regulares nestes meses serán os fins de semana con dous horarios (12:00 e 18:00h)

Ademais a oferta das visitas amplíase nos meses de maior afluencia, xullo e agosto, con visitas de martes a domingo e catro visitas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h), polo que a oferta de visitas guiadas amplíase para que todos os visitantes interesados teñan a oportunidade de coñecer a cultura castrexa e a nosa paisaxe.

Este ano as visitas guiadas estarán centradas no Castro de Santa Trega, nas áreas escavadas dende o norte ao sur, pero sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Para ofrecer unha visión máis amplla da zona escavada vaise realizar un percorrido completo dende porta norte ata a porta sur, recorrendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos cen anos como as vivendas reconstruídas, a zona de Mergelina, o concheiro,…

As prazas seguen a estar limitadas polo que se precisa de inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies