
O piloto rosaleiro de Trial2, Gabriel Marcelli Carballido, residente na actualidade en Barcelona, estivo uns días de vacacións na vila, ocasión que aproveitou para conceder unha entrevista aos compañeiros do programa Cambio de Rasante ou mesmo visitar a Dani e Celia do Val Rosal Trintiña, que sortean unha das cestas máis grandes de Galicia.
Pero Gabri case que “non para” e a pasada fin de semana (26 e 27 de agosto) competía xa na XX edición do Trial Indoor Internacional de Cahors (Francia), aínda que non estaba moi contento coa súa actuación: “Uno de los peores triales que he hecho, no encontraba el toque y el reglamento Open free era nuevo para mí, finalmente una quinta posición bastante decepcionante, nos quedamos con la parte positiva y hemos aprendido bastantes cosas, espero que las siguientes pruebas se den mejor”.
