Vídeo da Romaría de San Martiño O Rosal 2016

Velaquí vos deixamos o noso vídeo da Romaría de San Martiño 2016, que se celebrou o pasado domingo 13 de novembro en O Rosal.

Como todos os anos, o Santo saíu da igrexa parroquial de Santa Mariña en procesión ata a súa capela, no Campo do Couto. Trátase dunha das poucas romarías tradicionais que aínda perduran no Baixo Miño. Esta celebración, cando menos, se remonta ao século XVIII.

A capela de San Martiño é do s.XVI e pertenceu aos monxes de Santa María a Real de Oia. Este santo é avogado da curación das verrugas (espullas). Entre as ofrendas máis típicas que se lle fan a San Martiño están as tellas, cera e aceite.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies