VÍDEO ÍNTEGRO DA ACTUACIÓN DE JOSÉ PÉREZ EN RECANTOS (LUAR-TVG)

Velaquí vos deixamos o vídeo íntegro da actuación do rosaleiro José Pérez no concurso Recantos do programa Luar da Televisión de Galicia que se emitiu o 16 de novembro deste 2012.
José Pérez, que representa á zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) clasificouse para a seguinte fase coa canción “Xúrame” de Juan Camacho.
Segundo se ven de anunciar e a falta de confirmación da TVG, a súa próxima actuación en Luar será o venres 4 de xaneiro, interpretando a canción “Libre” de Nino Bravo. 
Antes, poderemos ver a José Pérez en directo na Romaría de Santa Catalina, nas Festas da Cruzada (A Guarda) este sábado 24 de novembro, a partir das 20:00 horas e despois das actuacións dos grupos Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Xamaraina.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies