

Víctor Valderrama e Kiko Pérez proclámanse campións do X Torneo da Cachiza San Gregorio, que se disputou o pasado sábado 5 de marzo na alameda de Pías, coa participación de 37 equipos (74 participantes).
Noticias O Rosal estivo neste xa clásico e reputado campionato tradicional no Baixo Miño, que erixiu tamén a Valderrama, xerente do rosaleiro ximnasio Excálibur como “Cachiza de Ouro” ao mellor xogador desta décima edición. E isto non remata aquí, xa que esta fin de semana continuarán os festexos con motivo da Feira de San Gregorio.