Viaxe e viño do Rosal na maior cesta de Galicia

Cuns premios valorados en máis de 4000 €, o Val Rosal Trintiña, cafetería situada no casco urbán da vila, volve en pouco máis dun mes a repetir esta novidosa iniciativa, que a convirten na ¡maior Cesta de Galicia! 

Este ano, como novidade, un bono de 600 € para que o agraciado o disfrute só ou acompañado nunha viaxe con destino onde el/ela elixa. Os exquisitos viños do Rosal estarán representados por sendas caixas de Quinta Couselo, Lagar de Cervera e Adega Pateira. 

Lembramos que esta segunda edición do “Sorteo da Macrocesta de Nadal” conta coa colaboración de diferentes establecementos de O Rosal e A Guarda. 

A rifa, regulada pola Dirección de Emerxencias e Interior, segue tendo un prezo de 2 €, sendo o boleto gañador o que conteña as catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo do Cuponazo da Once do día 15 de decembro de 2017. 

Estes son os produtos da “II Macrocesta de Navidad Val Rosal Trintiña”.

-Bono viaje de 600 € para disfrutar donde se desee.
-TV de 55’’
-Secadora
-Tablet Samsung Galaxy
-Play Station 4 Pro
-Jamón
-5 botellas bebidas premium
-1 Caja de vino Quinta Couselo
-1 Caja de vino Lagar de Cervera
-1 Caja de vino Pateira

-Equipación del Acanor Atlético Novás

-300 € en rascas de la ONCE
-10 décimos de Lotería Nacional de Navidad
-10 décimos de Lotería de Navidad de la ONCE
-Cambio de ruedas hasta 300 € en MGV Automoción
-Lote de marisco (200 €)
-Lote de maletas de viaje Lois
-200 € en reparación de electrodomésticos de línea blanca.

Dende o Val Rosal Trintiña que rexentan Dani Rodríguez e Celia Carrera (na imaxe) desexan moita sorte a todos os/as participantes e lembran que o premio podería incrementarse, xa que “se tocan os números da lotería, tanto de Nadal como da ONCE, son 400.000 € por décimo“. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.