Verónica Pérez, Campiona de Galicia de judo

 Verónica Pérez Do-Majo O Rosal judo

Informa: Mónica Pacheco Lomba.

O pasado sábado 23 de abril celebrouse en Marín (Pontevedra) o Campionato Galego de Judo no que participaba a xovencísima judoka rosaleira Verónica Pérez, do club DO-MAJO, tras conseguir anteriormente a medalla de ouro na Fase Sur.

Verónica gañou todos os seus combates na categoría de -40 kg (infantil), proclamándose desta maneira Campiona Galega de judo.

A deportista rosaleira xa se atopaba clasificada para o Campionato de España por estar situada no segundo lugar no ranking nacional, logo de gañar na presente tempada dúas medallas de ouro nas Copas de España (sistema de clasificación directa).

Agora Verónica se desprazará a Madrid xunto a súa adestradora Mónica Pacheco, formando parte da Selección Galega, para disputar o Campionato de España o vindeiro domingo 8 de maio.

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa e moita sorte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies