Vero Pérez, de O Rosal, prata na Copa de España

Informa: Mónica Pacheco / C.D. Baixo Miño

O pasado sábado 15 de decembro celebrouse en Tenerife a Copa de España “A” cadete, que contou coa participación da judoka rosaleira do club de judo Baixo Miño, Verónica Pérez Pacheco.

Verónica gañou todos os seus combates agás o da loita polo ouro, que perdeu por moi pouca diferenza no último minuto, a pesares de ir gañando os dous minutos anteriores, conseguindo desta maneira a medalla de prata.

Esta presea a sitúa entre as mellores da súa categoría no Ránking Nacional.

Agora, o seu vindeiro compromiso será o sábado 19 de xaneiro en Hondarribia (Guipúzcoa-País Vasco) noutra proba puntuable do circuito nacional. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies