Verónica gaña a Copa de España de Valladolid

veronica-perez

A judoka rosaleira Verónica Pérez Pacheco (Club de Judo Baixo Miño) está que “non para”… ou mellor dito… “non hai quen a pare”. Esta fin de semana se celebrou en Valladolid unha nova Copa de España puntuable para o Ránking Nacional Infantil.

Verónica, que viaxou xunto aos seus compañeiros e adestradoras, Mónica Pacheco e Tecla María Cadilla, conseguía de novo, unha vez máis, a medalla de ouro na categoría de -44 kg, que despois do seu último metal dourado na Supercopa de España de Aviles, a colocan como primeira do Ránking Nacional.

judo-o-rosal

Con este novo triunfo, lembra Mónica Pacheco, a deportista rosaleira ten practicamente a clasificación directa ao Campionato de España da categoría. Con tan só 13 anos, Verónica acumula xa 4 medallas de ouro en Copas de España, ao que hai que engadir a presea de bronce do Campionato de España da tempada pasada.

¡Dende Noticias O Rosal, unha vez máis, Vero, parabéns campiona!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies