Vero Pérez, Subcampiona de España de Judo

Informa: Mónica Pacheco / Club de Judo Baixo Miño

A judoka rosaleira Verónica Pérez Pacheco vén de conseguir a pasada fin de semana en Valencia a medalla de prata e o título de Subcampiona de España Infantil na categoría de -44 kg.

Vero formou parte da Selección Galega xunto a 7 judokas máis do Club de Judo Baixo Miño (Carla Lomba, Noa González, Yohanna Da Cuña, José Manuel Rodríguez, Alba González, Miguel Portela e Adrián Romero).

A nosa deportista gañou todos os seus combates, menos a final, ante a aragonesa Inés Hinojosa “mostrando las dos un judo de gran calidad para esta edad”.

Verónica Pérez pecha desta maneira unha temporada espectacular “donde ha conseguido además de esta medalla nacional 4 más en Copas de España. Ahora, a la espera de confirmación la temporada que viene se trasladará a entrenar al Centro de Tecnificación de Pontevedra donde entrenan también sus compañeros de club: Tecla Cadilla, Elena Cañibano, Adrián Romero, Brais Pereira y Carlos Reboredo”.

¡Dende Noticias O Rosal a nosa noraboa a Vero, a Mónica e ao Club de Judo Baixo Miño!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.