Vero, invencible na Copa de España de Judo

A rosaleira Verónica Pérez Pacheco segue intratable… e invencible. De novo, a judoka do Club de Judo Baixo Miño, consegue subir ao máis alto do podium na III COPA DE ESPAÑA INFANTIL que se celebrou este sábado 4 de febreiro en Santiago de Compostela.

Vero, tal e como lembra a súa adestradora Mónica Pacheco, “conseguiu no que vai de tempada, dende outubro -en todas as Copas nas que participou- a medalla de ouro” e lidera o Ranking Nacional tendo xa “a súa clasificación directa ao Campionato de España“.

O vindeiro compromiso para a deportista rosaleira será en quince días, cando participe na Supercopa de España Infantil en Montijo (Badajoz-Extremadura)”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies