Verbena, subasta e pulpo en San Isidro (O Rosal)

O Rosal celebra esta fin de semana (19 e 20 de maio) as tradicionais Festas na honra de SAN ISIDRO, patrón dos agricultores.

O sábado 19, ás 9 da noite, verbena coa orquestra PASSARELA e o grupo MAR DA ROSA, prolongándose ata altas horas da madrugada.

O domingo 20, ás 10 da mañá, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas TREBÓN DOS XIDOS. Ás 12, terá lugar a misa solemne con sermón e procesión, cantada pola CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL.

Ás 7 da tarde, actuación do grupo folclórico VIRXE DO ALIVIO de Tomiño. Ás 8 da tarde GRAN SUBASTA DE PRODUTOS TÍPICOS DA TERRA.

Haberá ‘pulpo’ (polbo á feira) todo o día. O recinto estará cuberto cunha gran carpa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.