
Aínda non entramos no mes de decembro pero xa se respira ambiente de Nadal. E se non, que pregunten na cafetería Skape 30 de O Rosal aos seus xerentes, Dani Rodríguez e Celia Carrera.
Hoxe, mércores 17 de novembro, estivemos con eles a -exactamente- un mes do sorteo da súa Macrocesta, valorada en máis de 25.000 €. “Estamos moi contentos coa acollida da nosa terceira cesta e agardamos que a finais de novembro, nuns días, podamos ter expostas no local tanto a BMW 1000 cc, como os produtos comprados no comercio local: TV, portátil, a playstation, etc”, recalcan.
“Estamos preparando ademais un encontro con Papá Noel que estará en Skape 30 antes do Nadal, cunha chocolatada e diferentes promocións. Estade atentos ás nosas redes sociais e moita sorte a todos e todas” cóntanos Celia. Precisamente queren dar as grazas aos seus ‘community manager’ de instagram, Dani “Campusino” e Jenni polo labor realizado ata o momento así como “a Moteiros do Baixo Miño e todas aquelas persoas que colaboran dunha ou doutra maneira con nós”.
Lembramos que o sorteo (primeiro premio do Cuponazo da ONCE do día 17 de decembro) é totalmente legal e está regulado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia.
Entre os premios da III Macrocesta podemos atopar unha TV de 55’’, unha secadora, unha Play Station 4 Pro, un ordenador portátil I3, un xamón, unha cesta de produtos típicos da zona, 300 € en rascas da ONCE, 10 décimos de Lotería Nacional de Nadal, 10 décimos de Lotería de Nadal da ONCE e un cambio de rodas de ata 300 € en MGV Automoción.
Podes adquirir as rifas a un prezo de 5€ tanto no propio local (rúa Pascuala, nº 1, O Rosal) como a través da súa tenda online.