Triunfo de Gabriel “MarcelLíder” de España

Gabriel Marcelli “pilotando” en Sigüenza. (Fotos: Joan Carles Vázquez/Gabriel Marcelli/CET)

Boas novas as que nos chegan dende Guadalajara, pois o piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido vén de gañar este domingo 9 de abril a terceira proba do SPEA RFME Campionato de España de Trial 2017 disputada en Sigüenza e organizada polo Moto Club Alto Henares.

O crack do Rosal volve a repetir vitoria -tras a de Mallorca- e foi o triunfador da súa categoría por diante de Aniol Gelabert, segundo clasificado, e de Sam Obradó, terceiro. O vencedor na clase raíña (TR1) foi, como non, Toni Bou (Montesa), seguido por Adam Raga (TRS), segundo, e Albert Cabestany (Sherco), tercero. Segundo lembran dende a RFME, “el ocho veces Campeón de España absoluto y actual defensor del título ha sumado aquí su segundo triunfo de 2017 tras el logrado hace ahora tres semanas en tierras mallorquinas; y continúa a día de hoy sin conocer la derrota en el Trial de Sigüenza desde que la ciudad seguntina se uniera hace ahora seis temporadas a la gran familia del CET (Campionato de España de Trial)”.

Con esta vitoria, Gabriel Marcelli Carballido convértese con 53 puntos, en novo líder do Campionato de España de Trial TR2, con dous de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, Aniol Gelabert (51) e oito sobre Sam Obradó (45), terceiro clasificado.  

A vindeira oportunidade para Gabri de colleitar un novo triunfo e seguir comandando a clasificación nacional de TR2 será na cuarta proba do “SPEA RFME Campeonato de España de Trial 2017” que se disputará o 11 de xuño en Arnedillo (La Rioja), baixo a organización do Moto Club Calahorra.

Segundo publicaba o noso piloto hai uns intres nas redes sociais: “Fin de semana positivo ganando en el CET de Sigüenza (Guadalajara) con unas zonas bastante fáciles y unos rivales que aprietan” 😃

¡Como sempre, noraboa e moita sorte, campión!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies