Tamuxe representa a O Rosal en Ponteareas

Revista Pregón Ponteareas (2)
O alcalde de Ponteareas deu a benvida á presentación. (Fotos: Hernández / Concello de Ponteareas)

O historiador e investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe foi convidado esta fin de semana polo Concello de Ponteareas, como escritor colaborador, á presentación dunha nova edición da recoñecida revista Pregón, con motivo do Corpus, considerada dende 2009 “Festa de Interese Turístico Internacional”.

Tamuxe, antigo profesor en Ponteareas, foi o representante das letras de O Rosal coa publicación do artigo Ermida de Doce Nome de Xesús no Castro de Troña (II). Tal e como se afirma dende a vila do Tea, “o Pregón xa é unha referencia escrita e visual de todas as alfombras confeccionadas no ano anterior. Ten unha ampla difusión non só en Galicia e España, senón tamén alén das nosas fronteiras, como en Uruguai, Arxentina, Cuba, Venezuela, México e outros lugares de Latinoamérica, onde os nosos ponteareáns na diáspora gárdana ano tras ano como un prezado tesouro. É unha publicación anual do Concello de Ponteareas, na que se escribe sobre diferentes aspectos da vila: o Corpus Christi, historia, arte, antropoloxía, literatura, música, etc. 

O acto contou coa intervención do coordinador da revista, Gonzalo Fernández Álvarez, que deu paso á concelleira de Cultura, Hortensia Bautista Fernández e ao alcalde da vila, Xosé Represas Giráldez, quen agradeceu aos escritores participantes a súa firma nesta xa clásica publicación anual.

Revista Pregón Ponteareas (1)

Dende Noticias O Rosal puidemos conversar amigablemente -entre outros autores- con Clodio González Pérez ou Estanislao Fernández de la Cigoña. A revista conta co saúdo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o da presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva Rego e do propio alcalde ponteareán.

Ademais de Tamuxe, Clodio ou Estanislao, firmaron sendas colaboracións Alfredo Conde Cid (pregoeiro do Corpus 2015), Antonio José Groba Diéguez, Kiko Neves, Mariflor Casasnovas Fernández, Michael Skinner, Xoán Ibáñez Rodríguez, Roberto Mera Covas, Gonzalo Fernández Álvarez, Francisco Candeira Mosquera, Sofía Rodríguez Suárez, Miguel García Correa, Loli Groba Otero, Antón Fernández Escudero, Anxo S. Porto Ucha, Raquel Vázquez Ramil, Francisco de Barros e Vasconcellos Guisado, Marta Candeira Carballido, María Ester Alonso Morales, Xoán R. Carnero Fernández, Ehlaba Carballo de Dios, Ge-Jo, Xosé Uxío Nerga Menduíña, Andrés Sampedro Fernández e Antonio Troncoso de Castro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies