Fotos: Club Ciclista O Rosal

O ciclista cadete da vila Mario Fernández (C.C. O Rosal) vén de conseguir este domingo 18 de decembro en O Porriño unha importantísima vitoria na penúltima proba da Copa Galicia de Ciclocross que o mantén no máis alto da clasificación xeral.

Segundo podemos ler na web do club rosaleiroo dominador non foi outro que o noso “Súper” Mario que a pesares dunha mala saída na que circulaba na sétima praza nos primeiros compases da carreira, foi remontando posicións para pelexar o liderato da carreira con Carlos Canal (C.C. Maceda), con varios intercambios na primeira posición. Moi intelixentemente Mario agardou ata a falta de media volta para descolgar ao seu rival e facerse cunha vitoria que ao mesmo tempo o destaca no liderato da Copa Galicia. Pola súa parte tamén realizaron unha boa prestación os seus compañeiros Diego Santomé e Iago Álvarez que remataron 6º e 12º respectivamente”.

Destácase tamén dende o club que preside Gerardo Álvarez “o Pódio de Sub-23 con dous ex do C.C. O Rosal e os dous ex-campións de España que aínda temos moi presentes nas nosas memorias como son Raúl Fernández e Antonio Portela, que remataron 2º e 3º respectivamente”.

Este é o enlace a todas as imaxes da carreira.

  

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.