Mar. Nov 29th, 2022

Segundo nos informan dende a “Cofradía Gastronómica da Cigala”, a partir do vindeiro venres 26 de agosto –tras celebrarse dende os seus inicios en Marín-, terá lugar en Pontevedra a XXVIII edición da Festa da Cigala, en concreto na Avenida Reina victoria, “unha ubicación privilexiada no centro da cidade”.

Precisamente o venres, ás 12:30 horas, inaugurarase o evento coa presenza dos membros da Confraría, léndose o programa por parte do presidente. A Festa se abrirá ao público e na carpa, coa empresa Catering Porta aos mandos, se servirán os menús a prezos populares, sendo o prato estrela, como non podía ser doutra maneira, a cigala.

As veladas serán amenizadas polo Grupo de Gaitas da Deputación de Pontevedra así como pola charanga “A cabeza non para” de Mourente.

Sábado 27. Día das Confrarías e Pregón

Ás 12 horas está convocada a xuntanza das confrarías de España e Portugal, procedéndose á lectura do pregón a cargo da modelo, actriz e presentadora Silvia Fominaya e ao nomeamento dos novos cofrades.

📸 Silvia Fominaya (silviafominaya.com)

Haberá diferentes recepcións institucionais ademais dun desfile cívico das confrarías polas rúas de Pontevedra, acompañadas por guías de turismo “que ilustrarán sobre a zona monumental da cidade capitalina”.

Ás 14:30 horas se iniciará o servizo de catering, reiniciándose ás 19:30 e finalizando ás 23:00 h.

 

Domingo 28. Día dedicado aos migrantes e aos xubilados

Coincidindo coa Feira Franca de Pontevedra se dedica o día 28 aos colectivos de pensionistas e migrantes.

Ás 12:30 horas terá lugar o acto de entrega de distincións ás asociacións asistentes, realizándose unha ruta guiada polo casco histórico de Pontevedra. O servizo de catering, co mismo horario que o sábado.

O baile estará amenizada polo locutor Nacho Porta.

Para quen estea interesado velaquí deixamos os diferentes menús que se poden degustar durante esta Festa da Cigala 2022.

 

Menú 1

Cigalas

Xarrete ou Churrasco mixto

Albariño e Mencía

Postre, cafés e chupitos

32 € persoa

 

Menú 2 (só o domingo 28)

Entrantes: Empanada de cigala, empanada de atún, empanada de carne

Merluza á romana ou Carne ao caldeiro

Albariño ou Mencía

Postre, cafés e chupitos

25 € por persona

 

🚌 Ademais dende a Organización da Festa da Cigala infórmase que “quen estea interesad@ en asistir hai contratado un autobús de Vigo a Pontevedra por 6 € ida e volta. A saída sobre as 11:00 horas e o regreso ás 18:00 h. Sería necesaria confirmación de número de interesados neste servizo para concretar as diferentes rutas de recollida”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies