O ciclista Serafín Martínez Acevedo está disputando a “Vuelta a España 2008”

Por segundo ano consecutivo o ciclista rosaleiro Serafín Martínez Acevedo do equipo Xacobeo Galicia, que dirixe Álvaro Pino, disputa a “Vuelta a España”. O novo patrocinador, que substitúe ao Karpin Galicia nesta volta e ata peche de temporada, pretende dar unha oportuni-
dade aos ciclistas galegos para continuar a traxec-
toria deportiva en Galicia ao máximo nivel. Así mesmo quere ser un referente para os ciclistas que comezan a súa carreira e para o ciclismo base. Temos que lembrar que Serafín Martínez Acevedo tivo unha destacadísima actuación na edición da Vuelta a España 2007 onde chegou a levar o maillot da Montaña nas nove primeiras xornadas. O 22 de setembro dese ano o Concello ofreceulle unha recepción oficial e entregoulle a Insignia de Ouro do Rosal en forma de pin. Para máis información podedes visitar a páxina do xornal MARCA e seguir as evolucións de Serafín, que de momento, e tras doce etapas, está no posto 116 da clasificación xeral a 01:14:03 do líder Egoi Martínez (Euskaltel-Euskadi): http://www.marca.com/ciclismo/2008/vuelta/clasificaciones/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies