Mar. Nov 29th, 2022

Esta fin de semana (30 de setembro, 1 e 2 de outubro) terá lugar na alameda de San Miguel de Tabagón a I Romaría San Miguel das Uvas.

Tal e como reza o cartel, o venres 30 de setembro, a partir das 21:30 horas, celebrarase o I Serán Romaría San Miguel, con servizo de cantina.

Roberto Caco nunha actuación en San Miguel de Tabagón

Xa o sábado día 1 de outubro, tamén ás 21:30 horas, actuación do músico Roberto Caco e I Concurso de acios de uvas.

O Trebón dos Xidos actuando na Feira do Viño do Rosal 2018

O domingo 2 de outubro, ás 11:00 horas, pasarrúas a cargo de O Trebón dos Xidos. Ás 12:00 horas, misa solemne e procesión na honra de San Miguel Arcanxo.

Ás 14:00 horas, comida campestre na carballeira, con música tradicional e pandereteiras. Organiza a Sociedade San Miguel.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies