Lun. Ene 24th, 2022
✍️ Concello do Rosal / 📸 O Rosaleiro
Tal e como vén de comunicar o Concello do Rosal “sae a licitación para a explotación do quiosco permanente na Explanada do Horizonte”.
“O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este mércores 28 de abril a licitación para a explotación do quiosco permanente situado na Explanada do Horizonte no Camiño de Santiago ao seu paso por Portecelo. Trátase dun módulo de 45 metros cadrados cunha zona de aseos e dúas pérgolas, unha delas con terraza. A concesión será por catro anos prorrogables outros catro máis e establécese de saída un canon anual de licitación de 3.073,69€ que pode ser incrementado á alza polos licitadores.
As persoas interesadas terán 15 días naturais a partir de hoxe mesmo para presentar as súas ofertas. Estas ofertas clasificaranse ordenadamente de maior a menos seguindo o criterio de prezo máis alto ofertado, dando a máxima puntuación de 100 puntos á oferta máis elevada e 0 puntos á que oferte o canon de saída.
O quiosco será o único punto de venda de bebidas ou comidas ao longo de todo o tramo do Camiño de Santiago pola Costa ao longo do municipio do Rosal, xa que os puntos máis próximos atópanse a 3,6 e 6,1 quilómietros, nos concellos de A Guarda e Oia, respectivamente.
Este quiosco-bar, situado nun módulo fixo que forma parte do proxecto de acondicionamento do Camiño de Santiago e da Explanada do Horizonte redactado pola arquitecta paisaxista María Fandiño, busca dotar de novos servizos á contorna para o desfrute dos veciños e veciñas de Portecelo e Sanxián, para as persoas que realicen este tramo do Camiño de Santiago ou para os e as excursionistas que se acheguen a este espazo.
Ademais, o Concello tratará de rachar coa estacionalidade convertendo a Explanada do Horizonte en punto de lecer e encontro durante todo o ano, organizando actividades culturais para todas as idades coas que dinamizar a zona. Toda a información está dispoñible no BOPPO e no perfil do contratante da web municipal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies