Diego Álvarez vence e convence en Madrid

Diego Álvarez e José Antonio Camacho web

O rosaleiro Diego Álvarez Fernández, adestrador en Madrid do equipo S.A.D. C.D.S.C. LA DEHESA, está realizando unha fantástica tempada e de verdadeiro milagre* á vez que segue formándose como profesional do balompé. Na imaxe, sobre estas liñas, co ex-seleccionador español, José Antonio Camacho, con quen estivo no Comité Olímpico Español na conferencia “Hablemos de Fútbol”, celebrada o pasado 10 de maio.

Hablemos de fútbol

Tal e como lembrábamos hai pouco máis dun mes en Noticias O Rosal, o conxunto de Diego Álvarez segue optando ao ascenso a 1ª División de Madrid. E máis, vencendo e convencendo -a propios e estranos- tras a abultada vitoria e o bo xogo desplegado no penúltimo partido de liga (1-5), con goles de Pepe (2), Ángel, David e Javi.

Clasificación La Dehesa

As declaracións e mensaxe de ánimo do “míster” rosaleiro, a pesares dos atrancos dunha plantilla máis que curta*, non deixan lugar a dúbidas: “No me puedo sentir más orgulloso de este equipo. Otra vez sin portero, sin cambios, hemos ganado 5-1 (a domicilio) a todo un Fátima A. 3º puesto asegurado, queda un partido… Y llegamos con opciones de Ascenso… Disfrutemos el último partido en casa. Enhorabuena CRACKS… Vamos Dehesa..!”

Diego Álvarez entrenador La Dehesa

¡Dende Noticias O Rosal noraboa Diego… Ánimo, a seguir nesta liña e sorte pola capital!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.