Lun. Oct 25th, 2021

Onte, domingo 27 de decembro, recibimos ben cedo unha chamada á nosa redacción informándonos que a famosa parella de moda formada por Robert Pattinson e Kristen Stewart (actores da exitosa saga “Crepúsculo”) se atopaba paseando relaxadamente e de incógnito por Galicia e máis concretamente polo Baixo Miño despois do estrés causado pola estrea da súa película “Luna Nueva”.

A nosa sorpresa foi que preguntando a veracidade desta noticia enterámonos que Robert ten familia lonxana en Visodoseidos. Poñéndonos en contacto inmediatamente con estes veciños rosaleiros conseguimos o número do móbil dun dos seus representantes, e asegurándolle que se fora posible tan só queríamos realizarlles un par de fotografías concertamos unha pequena cita con eles ao seu paso polo Rosal.

Robertiño (como lle chaman os seus familiares) e Kristen atendéronnos amablemente e contáronnos que están preparando a terceira parte de Crepúsculo que levará o título de «Eclipse», que estará dirixida por David Slade («30 días de oscuridad», «Hard Candy») e que xa está na sala de montaxe ultimando as labores de postprodución. Velaquí vos deixamos a nosa pequena entrevista con estes dous famosos de Hollywood.

11 comentarios en «Robert Pattinson e Kristen Stewart, no Rosal»
  1. ja
    jaja
    jajajaja
    jajajajaja
    jajajajajaja
    jajajajajajajaja

  2. que buenoooo!!! jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja

  3. A min casi me da algo ajajja non me voltedes a faer istooo!!! Bikiños

  4. Ahaha… si claro, e Woddy Allen e o meu primo… muy boa… a proxima que sea algo mais simple pa que a xento so crea.

  5. jajaja casi mo trago! pq puxestes o enlace senon…..

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies