
Raúl Fernández, a polo Mundial de Abu Dhabi

Segundo comunica o Concello do Rosal, o noso veciño Raúl Fernández Lorenzo é novo Campión de España. Iso si, desta vez, a distinción é relacionada non co deporte, senón cos seus estudos, xa que “vén de proclamarse vencedor nas Olimpiadas Nacionais de Formación Profesional de 2017 levadas a cabo en Madrid. Un total de 8 alumnos e alumnas de Formación Profesional galega viron recoñecida a súa valía, e Raúl entre eles, na modalidade de CNC Torneado e fresado acadou a medalla de ouro“.
