R.C. Celta, TVG e O Rosal homenaxean a “Josiño”

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (178)

O Estadio Municipal da Mata acolleu o pasado sábado 30 de xullo o encontro de fútbol de veteráns entre o Real Club Celta de Vigo e a Selección do Rosal nunha sentida homenaxe a José Carlos Santos “Josiño”.

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (16)

O evento, presentado por Carlos Macía, xornalista da TVG, contou coa presenza de familiares e multitude de amigos do homenaxeado. Entre eles, puidemos ver, ademais dos propios xogadores da selección rosaleira, ao director de “El Desconocido”, Dani de la Torre; a Xaime Arias ou mesmo a Diego Viaño, quen nun breve discurso lembrou a especial figura do noso veciño.

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (45)

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (70)

O mítico celtista Milorad Ratkovic, o presidente de Veteranos O Rosal, Rafael Martínez Pérez e os seus compañeiros da TVG, entregáronlle sendas camisetas asinadas aos familiares máis achegados de Josiño.

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (90)

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (107)

O alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, xunto cos concelleiros Ángel Martínez Villa e Mauro Fernández Teixeira tamén realizaron diferentes entregas de agasallos ao capitán do Celta, Rodolfo Dapena, ao trío arbitral así como aos organizadores desta homenaxe.

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (146)

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (112)

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (157)

O partido, que rematou con vitoria para o Celta de Moncho Carnero por 2 goles a 1, serviu para ver sobre o campo da Mata a ilustres xogadores como o propio Rodolfo, Mario Bermejo ou Srdan Bajcetic.

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (162)

Homenaxe a Josiño Celta O Rosal 2016 (152)

Dende Noticias O Rosal, sumámonos á homenaxe a “Josiño” coa publicación desta galería fotográfica da nosa autoría.

« 1 de 8 »

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies