“Pulpo á Feira” en O Rosal no Día da Nai (7 maio)

Este domingo 7 de maio, Día da Nai, a céntrica e acolledora cafetería Val Rosal Trintiña -que rexentan Dani Rodríguez e Celia Carrera- ofrecerá aos seus clientes “Pulpo á feira” dende as 10 da mañá ata as 3 da tarde.

Segundo o xerente rosaleiro “a Pulpería Ruzo, de Plácido Lage (O Carballiño), volverá a estar aquí, en O Rosal e no Val por petición popular, no día en honor das nosas nais, para disfrutar dun dos produtos gastronómicos máis prezados e característicos da nosa terra”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.