Segundo comunica o Concello, “O Rosal presenta o proxecto de renovación e mellora do seu mercado”.

Coa reforma da praza de abastos búscase camiñar “cara un mercado de excelencia para dinamizar o comercio local, apostar polo consumo de produtos de proximidade e darlle vida á contorna”.

O Concello do Rosal remodelará a súa praza de abastos “para transformala nun centro de comercio local e de proximidade que dinamice a contorna e que conte con todas as implementacións necesarias para ser un mercado de excelencia. O Concello invita a toda a veciñanza a participar o vindeiro martes 28 de xullo a partir das 20.00 horas na presentación do proxecto de renovación e mellora no Salón de Exposicións do Concello do Rosal (baixo do Concello)”.

Máis información, aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.